Este
libro trata dos problemas da adolescencia, de como podemos chegar a casos
extremos, de como Bob e Randy que estaban enfadados e borrachos agarran a Pony
e case o afogan na auga porque estivo ligando coa moza dun deles e Johnny
tremendo sacou unha navalla que levaba dende a última vez que o atacaran e
matou a Bob.
Neste
libro atópome tantas cousas desta etapa que non imaxinaba, non pensei que a
adolescencia fose unha etapa así, si, temos moitos cambios de actitude, pero
chegar a afogar a unha persoa por ligar coa túa moza paréceme algo moi
precipitado cando sempre se pode recurrir a falar con ela. A verdade gustoume o
libro xa que ao atoparme nesta etapa con el puiden recibir unha pequena
advertencia dos perigos que conleva a adolescencia e tamén me percatei dos
extremos aos que podemos chegar as persoas.

Sen comentarios
Publicar un comentario