ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/05/14

O inferno de Marta

Comentario de Noelia Soto


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 
 
Este libro causoume moito impacto porque afronta con todo detalle un problema que, por desgraza, está de actualidade:
A violencia de xénero.
Comeza co namoramento de Marta por un mozo, Héctor, que pronto se amosa moi posesivo movido polos celos e axiña algo violento. Chega a sufrir uns cambios repentinos, que van da caricia ao berro, humillacións e ameazas ata chegar ao castigo físico. É tal o seu grao de dominio e manipulación sobre Marta que consegue cambiarlle a personalidade ata o punto que deixa de relacionarse coas súas antigas amizades.
Marta esperta do pesadelo ao final, despois de que el tentase matala dunha malleira e cando xa ela descubrira que non era quen dicía ser, que era todo mentira nel e que ademais era un asasino.
Ao final Marta salvou a vida grazas aos seus antigos compañeiros que tanto a advertiran antes de que puxera fin á relación.
Como conclusión, vennos a dicir que ante calquera sinal de alerta dun maltratador, non se debe mirar a outro lado porque o maltrato é a causa da morte de moitas mulleres por violencia de xénero. 

1 comentario:

Julian Pereiro Rozas dixo...

trata de te temas que
persoalmente non me gustan ler,como a moita outra xente.
Pero apesar do tema o meu comprendemento deste libro foi o seguinte:
E un libro no cal se tratan temas coma a violencia de xenero e efectos da mesma como tamen
a cegueira que produce o amor nalgunhas condiccions.Decir que segundo o meu punto de vista
este libro quere reflexar ,
sen ánimo de ofender, a cegación de algunhas mulleres nos casos de violencia de xenero posto
que ainda que a xente do seu redor
a avisa elas non son capaces de reaccionar.