Made
in Galiza é un libro con varios relatos no que o autor Séchu Sende nos conta
como é a situación da lingua galega na sociedade actual e os prexuízos que ten,
como o galego só se fala nas aldeas e que agora moitos dos pais están educando
aos seus fillos en castelán, e cousas como esas fan que se vaia perdendo pouco
a pouco. Está nas nosas mans cambiar iso falándoo día a día, e se lemos libros
como este, seguro que nos fai reflexionar.
Algún
dos relatos que máis me gustaron foron “Na
oficina de obxectos perdidos” no que un home perdeu a súa lingua e que ao
final a encontrou, “Método de autohipnose
para falar galego” e mais “O ladrón de palabras” que atacaba as
persoas para roubarlle as palabras.
Recoméndolle
este libro a todas as persoas para que se dean conta de como está o galego na
actualidade e que fagan todo o que poidan para que non desapareza nunca porque
é algo noso e fainos sentir identificados.
Sen comentarios
Publicar un comentario