ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/05/14

Ámote Leo A. Estación de tránsito


Comentario de Antía Buján



Ámote Leo A. Estación de tránsito
Rosa Aneiros
Xerais 


A primeira parte deste libro gustoume máis pero non cabe dúbida de que estou engaiolada pola historia de Leo e as súas aventuras polo mundo. Neste libro abundan moito as descricións dos lugares que, en ocasións, fan que te transportes ao lugar dos feitos. Sobre todo no momento en que describe Roma véxome a min mesma o mes pasado camiñando por aquelas rúas tan fermosas, e da mesma forma decátome das descricións de Rosa Aneiros.
 Por outro lado, o amor entre Andrés e Leo chámame moito á atención, é coma unha mestura entre odio e amor. A autora mostra os impulsos de Leo a causa do amor e como cambia de humor Leo a causa de Andrés.
Segue a gustarme moito a  caracterización de Leo, unha rapaza forte, que non depende de ninguén, segue os seus impulsos e por encima de todo os seus sentimentos.
O final deixoume desconcertada, é dicir, quero ler máis, quero saber que pasa con Leo porque toma unha decisión tan repentina, saber se se arrepentirá ou volverá ao fogar.
 

1 comentario:

Román Estevéz dixo...

Este segundo tomo da trioloxía de Ámote Leo non me gustou tanto como o primeiro, pero ainda así os viaxes de Leo os lugares de todo o mundo séguenme a encantar e a darme gañas para ler o terceiro e derradeiro libro. Nesta parte Leo ten un amorio con Andrés o cal me encantou e me pareceu moi romántico e moi triste nos momentos nos que Leo se separaba de Andrés. En conclusión esta trioloxía estame a gustar moito e doulle a miña noraboa a Rosa Aneiros.