ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/05/14

Made in Galiza

Comentario de Andrea Fernández Ramos


Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 
 
 
Penso que este é un fantástico libro para facernos reflexionar sobre o uso e, sobre todo, o desuso da nosa lingua, o galego.
O meu relato favorito é "O ladrón de palabras" que expresa moi ben como pouco a pouco imos deixando a nosa lingua de lado, para falar entre amigos e familia, e adoptamos o castelán para todo o demais.
Recomendo este libro pola súa fácil lectura e comprensión, por ser entretido e sobre todo porque nos fai pensar e ver o que está pasando actualmente coa nosa lingua.

Sen comentarios