
Os saltimbanquis no paraíso
Xelís de Toro
Sotelo Blanco
Os
saltimbanquis no paraíso pareceume un libro un tanto peculiar. É unha historia
dun grupo de rapaces que habitan en Londres, dos cales un é galego. Este
provoca o asasinato dun dependente dunha tenda ao intentar roubalo, o cal
resulta non ser un verdadeiro asasinato xa que volve aparecer este personaxe ao
final da historia.
O que máis me agradou foi que a última palabra deste título,
"paraíso", se refirise a Galicia.
Pese a súa sinxela
lectura, resultoume bastante monótono na parte central da historia xa que se
basea en describir o que pasa día tras día en Galicia despois da chegada dos
saltimbanquis que se ven obrigados a fuxir de Londres para que a policía non
descubra que eles foron os implicados no asasinato do dependente. Neste
momento, a historia presentaba unha gran semellanza en gran parte dos días. Algo
que me resultou bastante estraño foi o traballo que tiñan estes protagonistas. O
seu carácter rebelde e frío, segundo o meu parecer, non se correspondía moito co
emprego de saltimbanquis que realizaban.
Sen
dúbida, o que máis me gustou foi o feito de que o pequeno rapaz René fose
arrastrado polo mar, o cal provocou a súa morte súbita. Esta parte tan dura da
historia conseguiu conmoverme verdadeiramente, ademais de ser algo completamente
inesperado para min. Con todo, debo dicir que me agradou verdadeiramente a relación
presente entre a imaxe que aparece na portada do texto, un crocodilo, e o
argumento da historia. Ao final, o protagonista semella ter verdadeiras escamas
en lugar de pel.
Resultoume un libro interesante polo feito de que consegue que
convivan varios temas aparentemente con pouca relación. Entre eles, podo destacar
o tema do amor, un dos meus preferidos, que aparece presente no principio da
lectura, o cal fixo que encamiñase a historia hacia un ámbito completamente diferente. Este
tamén fai presenza ao remate, no cal case a maioría dos personaxes atopan a súa
outra metade, dándose ata un caso de homosexualidade. Sen dúbida, é un libro cun argumento único e orixinal no cal se producen
asasinatos, fuxidas, mortes, roubos de personalidade e amores. Asemade, en
conxunto, non me resultou un libro dos cales son dignos de recordar ou ler máis
dunha vez.
É
un libro que presenta expresións tipicamente galegas, as cales conforman esa
retranca tan característica presente en Galicia. Esta, a súa vez mestúrase coas
formas de vida inglesas, xa que gran parte da historia acontece na cidade de
Londres. Dende o meu punto de vista, este é un dos feitos que converte a historia
en algo singular.
Xa para rematar, dicir que a pesar de que a min non conseguiu
envolverme e facerme sentir parte da historia e das vivencias dos
personaxes ,recomendo este libro a todos aqueles e aquelas moi amantes da
lectura e de todos os seus variados temas.
3 comentarios:
O comezar o libro non me gustou demasiado xa que me parecía un pouco aburrido pero pouco a pouco a historia cada vez tiña mais sentido e era mais entretida. O que mais me gustou foi cando os catro amigos decidiron separarse e ir por lados diferentes co cal Vicente, Patrick e Andy marcharon pa Galicia o lugar de nacemento de Vicente onde ocurriron moitas cousas entre amor espectáculos e festas. O libro o rematalo gustoume e sentinme satisfeito de conseguir lelo e das súas historias.
Que decir deste libro... Mellor empezar polo malo para acabar polo bo.
Algúns dos saltos de tempo perderonme até o punto de ter que voltar a ler esa parte duas ou máis veces. A grandes rasgos esto foi o único defecto que lle vin.
En canto a historia ei decir que é unha historia que me enganchou pero non, necesitaba leer máis, pero non quería saber o que pasaba por medo a que fose algo malo.
O feito de ambientarse, parte do libro, en Londres foi algo que me troixo recordos da viaxe alá, bastantes polo o que ao imaxinar o lugar sempre tiraba para un lugar gardado no recordo.
Un libro que me gustou, supoño polo feito de poder ver como eres dende fora, ainda que o caso do libro non fose así exactamente.
Aínda que me gustou o final do libro, hei dicir que comeza de forma extremadamente lenta, especialmente coa cita do protagonista con Jane, episodio que non cobra maior importancia ata case acabar a obra; e ata aproximadamente a metade da novela non consigue enganchar de todo ao lector
Publicar un comentario