
Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara
É un libro que me gustou moito ao principio, tiña todos os elementos para
ser moi intrigante pero a medida que ía lendo, non me enganchaba como pensaba.
Creo que o momento de máis tensión tería que ser cando ían a Vilagarcía para
"cazar" a Cotelo, porén, entre Xermán e Catuxa mantiñan unha
conversa do máis aburrida, incluso ela quedou durmida no coche mentres ían de
camiño. Este detalle pareceume totalmente surrealista, como pode ser, que vaias
cun coitelo para pillar ao asasino de teu pai e te quedes durmido polo camiño?.
O lóxico sería estar dos nervios. Outro detalle surrealista, foi cando o pai de
Catuxa xa morto, lle escribía na pantalla do ordenador explicándolle que non se
suicidara, senón que o mataran.
O transcurso da narración decepcionoume un pouco, sobre todo, porque ao principio
me fixera outra idea do libro.
1 comentario:
Gustoume moito a verdade pola historia de Catalina e o seu pai e mais o seu irmanastro (sorprendeume de que houbese este irmán, a verdade) e a intriga e suspense que hai nesta novela. Recomendaríao para a xente que lle gusta este tipo de historias.
Publicar un comentario