
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
O libro deste gran autor, Suso de Toro, pareceume moi entretido.
Cando comecei con el non me animaba moito, pero despois, pouco a pouco funlle
collendo a graza. Agora gustaríame ver como era a serie, e como interpretaban
os actores e as actrices o seu papel.
Ao ler o comentario que fixo o mesmo autor e o que fixo Xaime Fandiño,
asombreime dos escasos recursos cos que contaba a serie, e imaxinei como sería
ter que sacar un proxecto así adiante.
Unha das cousas que máis me gustan do libro e, polo tanto, dos guións, son
todos os elementos culturais que aparecen, dende a gastronomía ás diversas
expresións galegas.
Tamén me gustaban moito os principais personaxes, sobre todo Paulino e
Encarna, ós cales me fastidiou non velos xuntos ao terminar o libro. Había
papeis secundarios que tamén me fixeron rir moito, coma a nai de Paulino ou
mesmo Manolo o mozo tartaudo de Encarna.
Cipri tamén me facía graza, pero pareciame algo forzado o seu papel. Aínda
que ver a cara coa que afrontaba a vida era moi gracioso.
Chus semellaba unha muller doce e con carácter, pero as súas leas amorosas
eran o máis divertido dela. Entre os pacientes que lle gustaban e Firuco...
En resumo, "Servicio de urxencias" pareceume unha gran comedia
coa que me divertín moito e gocei ao lela. Penso que ten moito mérito porque
escribir un capítulo tan enxeñoso cada semana non debe ser fácil, e, ademais,
o guión por si só transmite moito humor e permite identificarse e poñerse en
contexto rapidamente. Recomendo esta obra para todo o mundo para pasar un bo bocado.
Sen comentarios
Publicar un comentario