ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
30/03/14
Erros e Tánatos
Aquí
presento a miña opinión sobre o libro Erros e Tánatos moi ben escrito polo noso
veciño lalinense Gonzalo Navaza. Este libro dividido en relatos, os cales non
son o tipo de lectura que máis me gusta, pero nesta ocasión a calidade dos
relatos fan obviar este problema. Os relatos baséanse nas relación amorosas que
non van ben encamiñadas e na inxenuidade dos protagonistas. Por exemplo, no
relato Bull e Mignonne, o mellor para min, a inxenuidade do protagonista
Emiliano Zingarelli fará que a historia non acabe como el pensaba. Para min o
que máis chama a atención son os sorprendentes e inesperados finais dos relatos
xa que dan unha volta total á historia. Tamén me gustaría destacar o humor que
se pode ler no libro e a facilidade para comprender as historias a pesar da
ironía que conteñen.
29/03/14
Rebeldes

Rebeldes
Susan E. Hinton
Alfaguara
Este libro parceume un caso de libro que fala dos problemas da adolescencia e da rivalidade que se pode espertar xa non por un tema
senón por calquera cousa durante a época do (``pavo´´).
Pero en resumo pareceume un libro moi entretido e interesante para ler a esta idade porque te das conta do extremo ao que se pode chegar.
senón por calquera cousa durante a época do (``pavo´´).
Pero en resumo pareceume un libro moi entretido e interesante para ler a esta idade porque te das conta do extremo ao que se pode chegar.
Atoparalo en Adolescencia, Alfaguara, Bandas xuvenís
Polaroid

Polaroid
Suso de Toro
Xerais
“Polaroid” é un libro de relatos
escrito por Suso de Toro, algúns deles son tan interesantes como
confusos, por exemplo, o relato de “e xersee esesene”, escrito unicamente cunha soa vogal, tórnase un tanto dificil de descifrar
nalgunhas palabras que nel se presentan. Tamén me chamou a atención
o microrrelato de “Manolo”, un pequeno diálogo no que unha
persoa lle pregunta reiteradamente o seu nome a Manolo.
Deime conta da curiosa temática social
da maioría dos relatos do libro, como por exemplo, na apoteose do
churrasco, no manifesto kamikaze, ou tamén, na mesma “saga”,
por chamalo dalgún xeito, “Galicia, esa merda” que me chamaron
persoalmente bastante a atención.
Atoparalo en Relatos, Suso de Toro, Xerais
Un millón de vacas

Un millón de vacas
Manuel Rivas
Xerais
Obra narrativa moi entretida, cunha linguaxe coloquial que a fai boa de ler.
Nela, o protagonista, que volve de Barcelona fálanos da súa familia, cun
cariño especial do seu curmán Dombodán, que é mudo.
Logo conta diversas historias cotiás que falan dos perigos do mar, familiares que teñen aquí, a importancia que en Galicia teñen os muíños, as vacas, ou dar sepultura a unha persoa.
Utiliza diversos personaxes e recorre moito ao diálogo.

Atoparalo en Manuel Rivas, Relatos, Xerais
28/03/14
Febre
Comentario de Laura Presas
Febre
Héctor Carré
Xerais
A
verdade, este libro non tiven tempo de aprecialo moi ben xa que o lin bastante
rápido, iso é algo positivo, xa que se comprende e se entende perfectamente.
Gustoume moito, trata dunha rapaza, Carmucha, que non ten medo a nada, coñece
as inxustizas que están a ocorrer na mina de Volframio, a corruptividade que
está a facer cabo Marelo. Iso faille abrir os ollos e deixa o seu mundo para
comezar a axudar as persoas humildes. Carmucha faise amiga de Félix o fillo dos
seus caseiros, que era quen a protexía de calquera cousa, notábase que Félix
sentía algo hacia ela e xustamente cando llo conta a Carmucha, esta, queda
sorprendida, xa que ela o ve coma un irmán. Quedei abraiada co final, cando
Carmucha se planta diante dun policía e lle di que foi ela quen asasinou ao
Marelo, non quería que outros pagasen polo que ela fixera, a verdade
soprendeume a gran responsabilidade ou mellor dito madurez que tivo nese
momento, desvelar iso é moi difícil. Pareceume un bo libro, volverei a lelo
unha segunda vez con máis calma e así podrei volver a meterme no corpo de
Carmucha unha vez máis.
No labirinto do vento
Comentario de Sonia Framiñán
No labirinto do vento
Marina Colasanti
Xerais
Este libro repleto de fermosas historias
fantásticas que transportan ao lector a un mundo de fantasía onde esquecer a
realidade e deixarse levar tras uns seres mitolóxicos deixando en liberdade a
imaxinación. "Contos de fadas, reis, princesas e unicornios nos que se
crea un fermoso diálogo entre a imaxinación e os sentimentos do ser humano:
medo, desexo, amor..."
Os contos fantásticos de sempre levados a unha marabillosa linguaxe
poética.
Este pareceume un libro moi fermoso, xa había ben tempo que non lía
libros de fantasía, fadas, reis... ! Recoméndollo a todo aquel que queira pasar
un bo cacho no mundo da imaxinación.
O club da calceta
Comezo dicindo que este libro o empecei a ler tan só por recomendación
dunha boa amiga e que non pensei que me fose sorprender tanto nin gustarme como
me gustou.
Ben, ao comezar a ler o libro non tiña nin idea do que ía tratar, xa que ao principio non ten nada que ver co que realmente agocha máis adiante. Pensei nunha historia coma tantas outras, pero ao ir lendo foime convencendo cada vez máis de que ía ser un libro realmente interesante.
Para empezar, a análise que vai facendo de cada personaxe, cada un á súa maneira, coa súa vida e os seus problemas e a forma en que se conectan unhas vidas con outras a través duns simples cursos de calceta paréceme do máis sorprendente. Por outro bando está a situación de cada muller en particular, todas levadas polo mesmo fío, o machismo. As cinco teñen influencia dunha figura masculina coa que, dalgún modo, buscan rebelarse.
A historia da tía Davinia, presente dende o principio, resultoume algo curiosa. Tamén, sobre todo, sorprendéronme as historias de Luz e Rebeca.
Gustoume ver como cada unha delas, e ao mesmo tempo, en grupo conseguiron grandes obxectivos despois de moito loitar por eles e estar cansas xa. A complicidade entre elas pareceume marabillosa.
Para rematar recomendo este libro a todo o mundo porque, na miña opinión, vale moito a pena lelo.

Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero, Xerais
27/03/14
O hobbit
O libro encantoume, xa que é un libro fantástico e está ubicado no mundo
da Idade Media con elfos, ananos, trasgos...
O mundo está descrito tan detalladamente que permite adentrarse na historia moi
facilmente. Quedei un pouco decepcionado xa que os hobbits pasaron todo o camiño
falando do difícil que ía ser derrotar a smaug, o tan temido dragón, do grande
que é, etc.. Pero resulta que o matan moi rápido, eu crin que ía ser unha loita
máis longa e difícil.
En resumo, gustoume moito e quedei con ganas de ver a película.
Así que recoméndoo a todo aquel que lle guste a fantasía e a acción.
As lágrimas de Shiva
Comentario de Manuel Fernández
As lágrimas de Shiva
César Mallorquí
Rodeira
As lágrimas de Shiva paréceme un libro moi bo, porque
aínda que ao principio parece un libro aburrido, ao chegar á metade da historia
non podes parar de lelo e no único que pensas é en acabalo para rebelar esa
intriga que mantén ata o final. É un libro moi interesante para aqueles que
lles guste o misterio e a intriga, é recomendable para os adolescentes de menor
idade, xa que a súa lectura é bastante fácil de comprender.
O heroe
Négame o pan, o ar,
a luz, a primavera,
mais a túa risa nunca
porque eu morrería"
Sen dúbida, a miña parte favorita do libro, esos 4
versos citados como exemplo para aprender a mecanografar.
O libro en conxunto gustoume, gustaríame ver esta obra
representada, a Caronte co seu gran nariz, sen dúbida faría falta un gran actor
para levar a cabo ese papel. Unha persoa moi leal, que pase o que pase, nunca
traizoaría aos seus compañeiros, incluso cando o están torturando. Tamén, unha
persoa intelixente, aínda que ás veces non o demostre, que sabe resolver os
problemas, todo un veterano dunha guerra que "non existiu". Para min
o personaxe que máis me gustou, até o último instante, nunca me deixou de atraer,
incluso cando ía facer de heroe e queimarse.
Por outra banda, unha persoaxe da que non entendo o seu
papel e Medias Vermellas, non acabo de atopar significado as súas palabras,
quizais porque son unha persoa moi nova e non vivin a época franquista.
Libro máis que recomendado, aínda que, como dixen,
representado por uns bos actores ten que ser unha obra maxistral.
Atoparalo en Guerras, Manuel Rivas, Teatro, Xerais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)