ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Juan Ares Pérez


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais

O título non me convencía demasiado, pensei que sería algo pouco ameno ou de carácter romántico, pero estaba completamente equivocado. É a segunda obra teatral que leo, e a verdade é que esta me gustou moito máis e pareceume moi fácil de ler. Unha trama moi animada, unha competición entre primos pola herdanza da súa tía. Pololo e Adela forman un gran equipo, Puri e Foncho outro, e Rosiña xunto coa sua tía avoa metida no seu corpo, tamén. O actor-policía Colombo pareceume un personaxe moi simpático, aínda que apareza pouco durante a obra, pero sen dúbida a tía Rosa é o personaxe que máis me gustou, unha vella que pasa de ser inocente e amábel a converterse en manipuladora e vingativa; cambio producido polo crime que cometeron os seus sobriños, matala sen escrúpulos para herdar un enorme terreo e logo vendelo para facerse millonarios.
Un relato curto e sinxelo, pero con abundantes sorpresas inesperadas, incluso ás veces sen sentido ningún. Recoméndollo a todo o mundo, incluídas as persoas ás que non lle guste ler para pasar o tempo (coma min), porque ás veces non está demais coller un libro e adentrarse nel.

1 comentario:

Ana Cuíña Iglesias dixo...

Gustoume o toque de humor co que o escritor escribe unha situación tan cotiá como as pelexas familiares polas herdanzas, así como tamén a forma de vivir a morte. Aínda que e ficción tratase dunha historia moi realista