ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/02/14

As chamadas perdidas

Comentario de Alberto Fariña


As chamadas perdidas
Manuel Rivas
Xerais





Nunca me parei a ler libros de relatos, ata que apareceron os libros de Manuel Rivas na miña vida, os libros de relatos non son algo que normalmente me guste xa que eu son de historias longas e con moita “miga” pero con Manuel Rivas é distinto, son relatos pequenos  que no momento te namoran. Do libro As chamadas perdidas en xeral, non teño queixa, é verdade que algún relatos me gustaron menos que outros pero compénsano algúns relatos xeniais como “O heroe”, “A sinceridade das nubes”, “O lobo e a serea”, e moitos máis  pero en especial quero destacar un: “A sinceridade das nubes” que foi o relato polo que me puxen a ler este libro, un relato que vén agochado no medio do libro, de apenas dúas paxinas, que apareceu diante miña grazas ao azar, xa que nunha librería ollando o libro foi xusto o relato que apareceu cando o abrín, neste relato unha das cousas que me namora é o final “...Unha nube. Unha onda. E outra. E outra” un fin sen sentido aparente que non ten nada que ver co que se fala no relato, pero que sen ningunha dúbida me encanta.

Sen comentarios