ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/02/14

Que me queres, Amor?


Comentario de Carlos Mato


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
 
A historia  non comezou moi ben para min, primeiro a portada non me dixo "Leme" e custoume comezar, pero unha vez que comecei en dúas horas o libro estaba lido; eu considérome un bo lector e teño lido "bastantes libros" pero este é máis complicado de opinar sobre el porque toca todos os temas que enganchan, relatos dunha dureza importante, relatos moi agradables, ata ten algún cun chisco de humor, e sen dúbida o meu favorito é "A lingua das bolboretas": xa vira a película, pero o libro é mellor, porque falanos da tenrura da infancia unida a outra xeración pola curiosidade do mundo animal e destruída pola crueldade desa época.  
Outro dos relatos que me gustou foi "Qué me queres, amor?" que lle dou o título ao libro e no que conta a súa historia de amor despois de falecer nun atraco frustrado, e cando ao final descubro que o protagonista morreu deixoume medio parvo porque o único que o facía vivir era unha muller. 
En xeral o libro gustoume bastante, uns relatos máis ca outros como é obvio, pero doulle un sobresaliente ao libro.
 

1 comentario:

Andrés Salgueiro Troitiño dixo...

Non foi un dos libros que mais me gustara polo feito de que non me enganchaba para ler, porque ao ser varios relatos acabábaos moi pronto.
É un libro rápido e fácil de ler e que é moi entretido. En si o libro gustoume bastante pero non tanto como esperaba