ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Silvia E. Ramos


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais






Un curioso libro que mestura o humor coa traxedia. Debo dicir que me custou bastante adaptarme á historia, debido a que nunca antes lera teatro. Este libro fala dos estremos aos que chegan as persoas polo diñeiro.
Unha vella chamada Rosa reparte a súa herdanza entre os seus sobriños e a filla doutra sobriña, a cal xa está morta. Todo isto desenvolve unha divertida historia de enredos e esta remata cunha traxedia.
Recoméndolle este libro a todo o mundo, en especial, aos que pasan un mal momento, porque acabarán rindo, aínda que non queiran.
 

Sen comentarios