ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/02/14

Amantes


Comentario de Denise Varela


Amantes
María Lado
Caldeirón









Amantes, premio da quinta edición de poesía erótica Illas Sisargas son doce poemas de temática erótica.
Nunca se me deu por ler poesía erótica, pero a verdade é que este poemario resultoume moi fácil de ler e verdadeiramente precioso e entretido. Cada vez, a poesía de María Lado sorpréndeme máis  e quédome sen palabras. Cada verso, cada rima, cada recuncho  deste pequeno libro… déixame con máis ganas de seguir lendo poemas coma este.  A min antes nunca se me daba por ler poesía, pensaba que non contaban nada, pero estaba equivocada. Penso que Amantes xunto Berlín de María Lado, foron os libros que me achegaron máis á poesía.
Un dos poemas que máis me gustou foi "San Xoán", quizais porque ó ler o título, lembreime do día que nacín, e a súa temática erótica faino máis fermoso de ler:
as lagoas, excitadas polas aves do verán
que arrandean entre os xuncos
non son tan húmidas

nin as areas das praias negrísimas, cuspidas
polo furor dos volcáns
se tornan tan ardentes baixo o Sol

ni n a lúa, agochada tras as sombras,
que é quen de erguer os océanos e precipitar os ríos,
nin sequera ela
que bate nas tempas dos idos levándolles o siso,
crava os seus ollos de degoiro
coa beleza dos teus

acende as luces,abre as fiestras, que nos vexan
e se lambe a lingua de noite
as sabas nosas –e non hai nada  neste mundo
que tanto nos compraza- é porque nos desexamos
buscamos a fogueira,
queremos consumirnos,acabarnos
un enriba do outro
dacabalo das horas máis ardentes
e curtas, do ano.

insistes
sae agora á fiestra, e eu detrás
deixa que o ceo che vexa, case núa
coma as estrelas que arrubian o pano das nubes,

só guedellas de seda disfrazando o bico dos peitos
batendo contra o peitoril
só a túa voz

a túa voz é un fío do que tiras
e desamarras unha presa

es miña,
coma quen ten
unha boa besta

daquela márcame

non hai nada neste mundo
que tanto nos acenda
como buscar a nosa propia ruína

E logo tamén me vou a quedar cun anaco do poema de "voto de silencio":
“ergueme só para te contemplar,calado,
perseverando as bolboretas das túas pestanas
en me cubir de bicos
é tan fermoso
amarnos así,
sen debernos o nome

Sen comentarios