Deixando a unha beira se che gusta ou non ler teatro,
este é un dos libros que comezas a ler e te olvidas de todo, porque a súa trama
te enreda nun apaixoante mundo non moi fóra da realidade. Xa dende un principio
sabes que o tempo que lle adiques á súa lectura non vai ser un tempo perdido. A
habilidade que ten o autor de entrelazar tan ben o que ocorre na televisión co
que pasa na realidade incítate a seguir lendo. "E se o comezo foi bonito,
por que non seguir?", unha pregunta que se repite libro tras libro e que che
fai atopar milleiros de historias. Cando apareceu Rosiña non había volta atrás,
non te podías levantar da silla até que remataras o libro.
Sen dúbida, recomendaríalle lelo a todas aquelas
persoas que coma min, pensaron que polo seu título ía ser unha historia de
amor, porque resulta ser todo o contrario.

Sen comentarios
Publicar un comentario