ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/02/14

Do descoñecido ao descoñecido


Comentario de Sonia Troitiño Loureiro




Do descoñecido ao descoñecidoManuel RivasEspiral Maior








Do descoñecido ao descoñecido, de Manuel Rivas  foi un libro que me agradou realmente. Aínda que debo dicir que nun primeiro momento a súa ampla extensión fixo que me custase iniciarme na miña lectura, o certo é que me resultou máis sinxelo de ler do que eu me esperaba.
Dos sete libros nos que se divide este poemario: Libro do entroido, Anisia e outras sombras, Balada nas praias do oeste, Mohicania, Ningún cisne,  Costa da Morte blues e Malabares e ourizos, debo dicir tamén que o que máis me gustou foi Ningún cisne. 
Houbo certos poemas que me resultaron un tanto complexos, outros estraños e incluso algún máis longo do que me podía esperar, pero si é certo que en moitos dos outros me puiden ver reflectida, me resultaron entretidos ou simplemente conseguiron emocionarme. Entre aqueles que eu defino coma os meus preferidos, podo destacar os seguintes:

O meu é un vello amor                                      Tiña un emprego,un coche e unha noiva.
Sempre quixen fuxir e aquí me tedes            Bailaban as noites dos sábados
a mover esa moa                                                  e queimábanse cos labios.
que se resiste á inercia,                                      Ela quedou preñada
ao tempo e ás desfeitas.                                    Casaron.
                                                                                  Se é neno chamarase coma ti,dixo  ela.
O meu é un vello edén                                        Non me gustaría que fose nena,dixo el. 
a rentes de ti.

Paréceme incrible o feito de poder escribir en tan pouco tempo quizais centos ou miles de poemas tan orixinais e tan distintos entre si. Houbo algúns que me impresionaron polo feito de ser diferentes, con diferentes estruturas ou con argumentos do máis enxeñosos. Para rematar dicir que recoméndolle este libro a todos aqueles aos que lles encante a poesía e lles encante disfrutar dela.

Sen comentarios