ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/02/14

Que me queres,amor?

Comentario de Lucrecia Balagué Blanco


Que me queres,amor?
Manuel Rivas
Galaxia





    Ao final da historia decubrimos que o personaxe principal está morto, eso para min foi unha gran desgraza. Fíxenme un rollo xa que a partir dese anaco todo comeza a estar desordeado. Non soupen atopalo cando soña coa " primeira cereixa do verán".
     O protagonista é un home pobre, o único que lle fai vivir é unha chica. Isto pareceume fermoso, vivir por unha fermosa dama. O maior fallo da súa vida é cando rouba un banco e sae ferido, e morre. Non entendo a parte na que di que non fala nin ve a súa "supuestamente" única razón para vivir. Ten un fin un pouco ambiguo. Ela non pensaba que a súa vida fora tan desgraciada, tampouco sabía o que pensaba cando se vía no espello do ascensor.

Pareceume unha auténtica historia de amor entre dúas vidas tan diferentes entre si. Este relato foi o que máis me chamou a atención, aínda que os outros tamén estiveron ben. Esperaba outro final máis feliz onde o namorado casaba coa súa namorada, aínda que está ben que, por unha vez, o final non sexa tan esperado e deixe aos lectores asbraiados polo seu final.
 

Sen comentarios