ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Diana Méijome


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais


Antes de comezar a lelo, pensei que tería algo que ver co amor, pero errei.
Esta historia é un exemplo do malos e avariciosos que poden chegar a ser as persoas a cambio de simples cartos. Iso si, o libro cóntanolo dunha forma ben divertida.
Os sobriños, a vella, a herdanza... sona xenial. Este libro divertiume moito nas dúas tardes en que o lin. Digamos que é un gran plan para unha aburrida e fría tarde de inverno, ademais... está cheo de sorpresas! Por iso recoméndoo.
Encantaríame ver a obra representada, ten que ser divertidísima.

Sen comentarios