Non é un libro que me chamase moito a atención, consta de dezaseis relatos
onde a tenrura e o humor emerxen dunha dureza baseada na dor e soidade. Penso
que o relato que máis me gustou foi o de A lingua das bolboretas, do que
xustamente se fixo unha película. Trata no inicio da Guerra Civil nunha Galicia
rural, un raparigo, Moncho ten medo de ir á escola porque naquela época os
mestres soían pegarlle os rapaces, pero o seu mestre Don Gregorio é distinto. O
mestre ensínalle a Moncho moitas cousas sobre a liberdade e temas relacionados
con iso. En fin, é un libro que non me gustou moito, pero iso si, fíxome
reflexionar bastante, a verdade. Só que non volvería lelo porque tal como dixen
ao comezo non me chamou moito a atención.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 9 anos

Sen comentarios
Publicar un comentario