ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Alba Iglesias


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
Ao comezar a lelo non me gustou moito porque non me enteraba moi ben de que trataba, resultábame aburrido e non me chaman moito a atención os libros que se contan en relatos diferentes pero a súa comprensión foi fácil. Houbo partes que si me gustaron como ‘’A lingua das bolboretas ‘’ ou  ‘’ A leiteira de Vermeer’’.
 A amizade que se crea entre un profesor e o seu alunmo, unha persoa que está namorada pero que non é capaz de dicirllo ao seu amor, pero principalmente neste libro reflíctese a  dor e a soidade, …  e estas son algúnha das cousas que non só pasaban hai anos, senón que agora tamén suceden e fanme reflexionar na sociedade na que vivimos  .
Para rematar, dicir que non foi un dos mellores libros que lin, pero ao final non me disgustou tanto como pensaba ao principio e ademais que me fixo pensar sobre cousas que moitas veces non nos damos conta delas. Recoméndollo ás persoas que lle guste saber máis da vida que levaban antes porque seguro que tamén se van parar a pensar nesas cousas .

1 comentario:

Julián Pereiro Rozas dixo...

Este libro acabeino de ler por ler porque o enlace de historias
resultoume dificil e complicado,pode que non sexa culpa do libro
senón da miña comprension pero ainda así foi dificil.
Por outra parte entendin os temas da loita e superación que ten
cadaquén. e como non o do machismo ainda que me pareceu un
pouco insistente nalgunhas partes do libro posto que non penso
que sexa necesario esaxeralo