ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Daniel Ramos Crespo


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais

Pareceume un libro moi sinxelo para a lectura, porque estaba escrito en teatro e tiña un baixo número de páxinas.

As curiosidades que me chamaron a atención foron a avaricia dos sobriños polas terras da vella Rosa, tamén que isto está visto dende un punto burlesco, por exemplo que fan dunha situación tráxica algo cómico ou a actitude dalgún personaxe, convertendo o libro nunha parodia e ademais que Suso de Toro fai unha crítica á sociedade desa época, pero que se semella a de hoxe en día.

A miña conclusión é que me gustou ler teatro, é o primeiro que leo así pero este animoume a seguir e sobre todo con este autor, Suso de Toro.

1 comentario:

Adrián Cabaleiro Penide dixo...

Nin me gustou nin me disgustou, é de risa pero creo que sería mellor vela intepretada