Comentario de Rubén Campelo Camarero
A min este libro gustoume
especialmente, xa que é un libro de risa. Ao principio, polo título pensei que
ía ser outro libro máis para ler e que non me ía gustar nada, pero tan pronto
como comecei vin que a miña primeira vista fora equivocada. Tamén pensei que ao
ser de teatro que non lle ía atopar graza ningunha, pero superou todas as
expectativas, xa que en vez de aburrirme fíxoseme máis ameno e fácil de ler.
Todos os personaxes me pareceron moi graciosos, pero sen dúbida, o que máis foi
Balbino.
En xeral a miña primeira impresión do
libro era pésima, ao ser de teatro, e polo título, pero superou todos os
niveis de bo libro. Eu non coñecía este autor, pero estou contento de que mo
mandaran ler no instituto, xa que foi un dos mellores libros de teatro que lin.

1 comentario:
Gustoume podrque é de humor e iso fai quedar a un "coma novo"
Publicar un comentario