ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/02/14

Que me queres, Amor?





Comentario de Denise Varela

 
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia

Que me queres, Amor? de Manuel Rivas son dezaseis relatos que transcorren  en tempos pasados. As temáticas de cada relato son moi diversas, podemos atopar relator de amor, relatos de dor, de humor, de risa, de soidade, e algúns pequenos pero que contan moita cousa, como é o caso do primeiro relato, que é tamén o que lle dá nome ao libro. Un mozo vai atracar a tenda onde traballaba a ex moza e porque o que quería era conseguir de novo o seu amor.
 Un deste relatos dálle nome a película “A lingua das bolboretas”, que eu xa vira e quedara bastante contenta con ela. Non sabía que estaba baseada neste libro, pero aínda así houbo cousas neste libro que me sorprenderon. Sen dúbida ningunha penso que o libro está moito mellor, xa que era difícil de adaptar a unha película, pero aínda así, na miña opinión houbo algúns relatos que se me facían algo longos e pouco interesantes, pero o final sempre atopaba unha maneira de sorprenderme. En cambio houbo outros que me gustaron moito. Un dos relatos que máis me gustou deste libro foi o “Un saxo na néboa”, un rapaz que vai tocar cunha orquestra a un lugar, sen saber moito de música. Alí  coñece a unha chica e namora dela,  e á hora de tocar ante o pobo  sorprende a todos coa súa perfección de tocar o saxofón. E se me teño que decantar por un relato de humor que me sorprendeu e me fixo rir moito, foi o de Carmiña.
Finalmente, con respecto á lectura, o libro resulta moi fácil de ler, e compréndese bastante ben, sen ningún problema de comprensión. 
 

Sen comentarios