ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/02/14

Servicio de urxencias

Comentario de Manuel Fernández Cuíña



Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
 
 
Este libro gustoume bastante, é un libro co que te ris e seguramente pases un bo tempo. Ao ver a portada do libro xa se podía deducir que ía ser divertido, xa que algunhas das personaxes que aparecen nela son actores cómicos coñecidos por actuar en series da TVG. 
O contido desta obra non se basea na realidade nin moito menos, trátase todo dende un aspecto cómico e retranqueiro que lle saca sorrisos ao lector. 
Era o primeiro libro que lía en forma teatral, e despois de ler este seguramente se me ocorrería ler outro semellante no futuro. En xeral foi un bo libro, cómico e divertido, que lle recomendo a todo tipo de lectores.
 

Sen comentarios