ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/02/14

O lapis do carpinteiro



Comentario de Román Estévez


O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais 


O libro sinceramente non me gustou. Algunhas partes eran entretidas e con intriga pero a maior parte resultaban moi complicadas de entender e foime moi doado perderme e enrevesarme cos acontecementos.


 O autor conta a guerra civil dun xeito diferente vivida polo protagonista en persoa. Esa historia ten moita intriga nos momentos en que a vida do protagonista está en perigo ou pendurando dun fío. Pero hai outros momentos románticos de tristeza polas despedidas e os acontecementos coa sua muller.

En definitiva a historia é emocionante pero o modo de redactala non me agradou moito a miña lectura.
 

1 comentario:

Alejandro dixo...

Podo dicir que esta historia gustoume moito, dos libros que levo lido este ano é o que máis me gustou con diferenza. Resultoume especialmente destacable a profundidade coa que están caracterizados os personaxes, sobretodo, o garda e o propio doutor Da Barca, cos seus defectos e virtudes.