
Comentario de Noelia Sampayo Iglesias
Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
Que me queres, Amor? pareceume un libro moi entretido pola súa distribución de relatos, ten
16 relatos que abordan temas posmodernos e clásicos. Leveime unha moi boa
impresión deste libro, xa que cada relato conta unha historia diferente e tamén
nestes aborda o tema do amor, o desamor, os amores platónicos. O vocabulario é
extenso e enriquecido. Estiven buscando información sobre este libro, por
cultura propia e deime de conta que o relato ''A lingua das bolboretas'' foi
levada ao cine por José Luis Cuerda.
Sen comentarios
Publicar un comentario