Comentario de Julián Gómez
Flanagan de luxe
Andreu Martin, Jaume Ribera
Xerais
Sorprendeume a maneira de desenvolverse a historia. Pensei que os
acontecementos eran reais: que Erreá aparecera tirado nunha discoteca, non se
acordaba de nada, supostamente ía vender unha bolsa con droga por encarga de
dous camellos, toda a persecución que tiveron e que os camellos mataran a Erreá
no barco deste. A miña sorpresa foi que todo era unha broma argallada por
Erreá e os seus amigos, (todos eles moi "pijos") e Flanagan era dun
barrio humilde. Fixérono para burlarse del porque Nines (amiga de Erreá) retou
a Erreá dicíndolle que o que non descubría Flanagan non o descubría ninguén. A
parte do secuestro de Erreá tamén tivo a súa intriga, que estaba inconsciente
nunha praia, que se non lles entregaban cen millóns (nun principo pedían
trescentos) mataríano. Ao final era outra maniobra de Erreá e máis os dous
supostos "camellos" para sacarlle diñeiro a seu pai, xa que Erreá e
el non se levaban moi ben.
Gustoume a vinganza de Flanagan, que consistiu en botarlle laxante na
sangría de todos os que lle gastaron esa broma tan pesada, encerralos no
ascensor, porque dixera que o primeiro que ía facer era mandalos á merda, e así
o fixo.
Sen comentarios
Publicar un comentario