ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia

Neste conxunto de contos escritos por Manuel Rivas, gustaríame destacar xa que foi o que máis me chamou a atención a gran variedade de contos que podemos ler dentro dun solo libro. O escritor trata unha gran cantidade de temas, que van dende o amor que se pode ler no primeiro capítulo, que recibe o mesmo nome que o  libro, a dor e a dureza doutros como a Lingua das Bolboretas cun moi tráxico final pasando polo agarimo dunha nai nese marabilloso capítulo que leva por nome A Leiteira de Vermeer. No meu caso o capítulo O Míster e Iron Maiden foi o que máis me gustou xa que trata o fútbol e a máis a música aínda que sexa nunha corta medida pero actualmente non hai moitos libros que falen destes temas. A forma estrutural do libro non é a que máis me convence xa que prefiro unha boa e única historia pero a calidade de algún contos compensan este aspecto. 

Sen comentarios