ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/02/14

Servicio de urxencias

Comentario de Nuno Pérez Fernández


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais



É un texto dramático no que se contan as aventuras que viven os traballadores dun hospila cun ton cómico. 
Destacaría varias cousas que fixeron que me gustara, unha delas foi que os capítulos foran diferentes uns dos outros, que non contaran sempre a mesma historia, o que fixo que me apetecese máis ler o seguinte capítulo. A seguinte razón era o metido que estaba no libro, imaxinábame as escenas e facíanme graza, iso polos detalles, xestos, burlas... que contaban as acotacións. Outra razón pola que me gustou é pola súa temática, xa que me entreteu moitísimo. 
Tamén destacaría neste libro as pequenas pinceladas de opinión do autor sobre cuestións sociais e políticas no que facía algunha crítica sen que estas protagonizasen o libro.
Paseino moi ben léndoo e é un dos poucos libros dos que podo afirmar isto. 

Sen comentarios