Comentario de Martín Cuíña Eyo
Conta Saldada
Suso de Toro
Alfaguara
Pareceume un bo libro porque cando o comezas xa non podes parar de lelo, aínda que tamén ten algúns contras, como algúns momentos pouco realistas, descricións pormenorizadas... Pero aínda así, gañan as cousas positivas, como cando fala da mala vida de Xermán e da importancia que lle dá Catuxa, ou o final. Aínda que eu cambiaría algúns detalles do argumento, o libro gustoume.
1 comentario:
Cando empecei a leer o libro, a historia non me atraia nada. Costábame moito leelo ata que cheguei o episodio donde o pai de Catuxa se lle aparece no despacho da xestoría. Foi nese intre cando sentín que a historia me enganchara. Producíame curiosidade pensar que podería facer Catuxa seguindo as indicacións de seu pai. Unha cousa que me decepcionou foi ver como se desenrrolaban os acontecementos ata chegar a morte dos asasinos, dende un principio pensei que Catuxa e Xermán conseguirían metélos no cárcere. Tamén me decepcionou cando lin a descripción de Xermán, non mo imaxinaba así, xa que se supoñía que eran irmáns do mesmo pai. En xeral, o libro gustoume bastante e estarei encantada de leer máis libros de este autor pola súa maneira de narrar.
Publicar un comentario