ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/02/14

O pintor do sombreiro de malvas


Comentario de Sonia Framiñán

O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais
 
 
 
    Este libro trata sobre un rapaz xove que é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha tempada na vila de Auvers, coa promesa de que volverá por el. Segundo pasa o tempo, vai perdendo a esperanza de que súa nai regrese e séntese bastante só na vila. Un día coñece a un pintor moi especial que vai pasar con el sesenta e nove días e medra unha grande amizade entre eles, pero o pintor ten moitos segredos gardados e ao final vaise afundindo na tristez...
   A verdade é que me pareceu unha historia fermosísima. O pintor era unha persoa moi misteriosa que vía o mundo dunha forma distinta aos demais, vía a beleza da paisaxe e das persoas e intentaba plasmar todo nos seus lenzos. Foi un gran conselleiro para o protagonista e axudoulle a aclararse na súa historia amorosa . 
  O  libro non deixou de sorprenderme a cada momento, sobre todo o final, o cal non me esperei en ningún instante. Tamén penso que mostra como o home vai decaendo día a día logo do suceso co doutor Gachet e a súa filla e pensa que todos están a fallarlle, por iso acaba decindo "A tristeza non rematará xamais".
 Conmoveume moito o final e tamén a historia coas irmás Cavaignac.
 Unha vez máis digo que me pareceu moi fermoso e quero recomendárllelo a todo o mundo.

Sen comentarios