ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Noelia Soto


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 
 
Gustoume moito o libro. Ten unha lectura entretida na que non deixan de pasar acontecementos. Destaca o ton crítico e burlesco no que a tía fala dos seus sobriños despois de morrer.
Somprendeume tamén a maneira que tivo a tía para vingarse dos seus sobriños, meténdose no corpo da inocente Rosiña.
Este libro convidoume a reflexionar como unhas persoas poden chegar a asasinar a súa tía coa fin de herdar todas as súas riquezas. Nin sequera a aparición do espírito da tía fai que se arrepintan polo que fixeron. Son tan egoístas que nin sequera lle dan a parte da herdanza que lle deixou a tía á Rosiña, manténdoa no convento ata a maioría de idade.
Recomendaría este libro para que os lectores tamén se deran conta que na realidade tamén hai casos coma este.

Sen comentarios