Comentario de Laura Presas Mato
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Ledicia Costas
Xerais
Este é un fantástico libro, no
máis sincero comentario encantoume. Trata sobre unha rapaza chamada Isla,
fanática da astronomía, é unha rapaza que pode pasarse horas e horas sumerxida
no seu telescopio mirando as estrelas. Isla múdase de cidade e tense que
adaptar ao novo lugar, facendo novos amigos, no novo instituto coñece a Mar a
que será a súa nova mellor amiga, a Anxo un rapaz ao que ten totalmente
namorado pero ela recházao en varias ocasións porque está namorada dun chico co
que fala pola internet, chámase Xúpiter e non sabe case nada del, só que coma
ela é un fanático da astronomía pero tal como o seu nome indica, un fanático do
planeta Xúpiter, no seu instituto tamén se atopa Marcos Carballo, o rapaz máis
malo do instituto e o que lle fai a vida imposible a Isla durante todo o curso.
A
verdade este libro sorprendeume moito, o seu final tan inesperado deixoume
abraiada, eu xa non creo moito niso das relacións cibernéticas, non é algo no
que confíe de boa gana xa que poden enganarte tal como lle ocorreu a Isla.
Pareceume un gran libro que de seguro voltaría a ler, por moito que o seu final
fose tan inesperado e triste a min gustoume. Foi un gran
libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario