Xardín de inverno evoca
o lamento dunha muller pola morte dun ser querido, e como esta perda destrúe a
súa infancia.
Sinceramente, non
acostumo ler poesía. Pero a pouca á que lle boto un vistazo faime ver que Xardín de inverno é diferente. O porqué?
Non sabería moi ben como explicalo. Quizais sexa porque non é completamente
unha obra lírica, senón unha narración tráxica e desafortunada en forma dun
delicado e fino poema. Ademais, todo isto está acompañado por unha serie de
belas fotografías de elementos arquitectónicos e naturais, que fan que a obra
sexa dobremente perfecta. Tamén me encantou a maneira de narrar a tristura e os
choros da rapaza, pero quero destacar cinco versos que me gustaron especialmente:
Daquela eu aínda pensaba
que para que viñese unha
era necesario que marchara outra;
como un intercambio de humanas
que pasan dun mundo a outro.
que para que viñese unha
era necesario que marchara outra;
como un intercambio de humanas
que pasan dun mundo a outro.
Recoméndolle este
libro a todas as persoas cansadas da poesía popular e que queiran saborear algo
novo, xa que entrarán nun mundo cheo de palabras, versos, estrofas… e sentimentos
e emocións nunca vistas.
Sen comentarios
Publicar un comentario