Comentario de Antía Buján
A Cousa Vermella
Olga Novo
Espiral Maior
Como xa non
é o primeiro libro que leo de poemas de Olga Novo supuxen que sería
sobre o mesmo tema, poesía erótica; porén, en “A cousa vermella” interveñen
máis factores que o erotismo: os sentimentos. Aínda que me gustou máis o outro
libro, xa que fora máis sorpresa para min, este poemario sobre a sexualidade e
os sentimentos, segue a gustarme.
“Non hai animal aquí que conteña o
resultado final da túa transparencia.”
Cada frase que Olga plasma nos seus
libros teñen formas distintas de interpretarse, quizais por iso me guste
tanto; que cada un poida tomar o poema que le como a súa propia lenda e
transformala como queira.
Os poemas de Olga Novo recomendaríallos a calquera
persoa xa que aínda que algúns poidan ser eróticos, todos teñen un porqué,
simplemente é unha forma máis de ver a vida.
Sen comentarios
Publicar un comentario