ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/01/14

Servicio de urxencias

Comentario de Julián Gómez Villamayor


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais






Rin moito con este libro, son divertidas as situacións que ocorren en urxencias. Os personaxes teñen moita retranca, os seus comentarios van con segundas intencións. Chus sempre está enfadada polos problemas cos seus mozos. Paulino anda desesperado buscando unha moza, pero súa nai protéxeo demasiado, Encarna só ten ollos para o seu Manoliño e Cipri sempre quere amolar aos seus compañeiros. Aínda que as situacións que se dan en urxencias neste libro non se corresponden coa realidade, a min gustoume.

Sen comentarios