
Aire Negro
Agustín Fernández Paz
Xerais
"Aire Negro" é para min un deses libros que non sabes como
describir. Empeza normal pero vai gañando intensidade co paso das páxinas.
Nel relátase a primeira experiencia de Víctor como psicólogo. Ten unha
paciente, Laura Novo, que a través dunha nova terapia debe recordar todo o que
lle aconteceu no pasado. A Gran Besta foi unha das causas do estado da muller e
finalmente volve por ela.
Gustoume que a novela estivera, en parte, ambientada en Galicia. Ata contén
esas supersticións e crenzas mitolóxicas que os nosos devanceiros tiñan.
Mestura terror e fantasía moi ben e non se afasta moito da realidade, por
iso me gustou.
Sen comentarios
Publicar un comentario