
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
O título deste libro fíxome crer nun principio que se trataba dunha obra de
temática amorosa, por iso fun aprazando a súa lectura uns días.
Pero no seu interior son todo sorpresas, e decateime que de amoríos o
xusto...
O inicio da historia non me convencía demasiado, pero a chegada de Rosiña e
as leas que ten coa súa familia por culpa da vella Rosa "agárrante das
nádegas" e non te deixan abandonar a hilarante lectura ata que chegues ao
punto final.
Como esta xente sen escrúpulos, capaz de asasinar a súa propia
familia, crueis, (e por que non, algo pervertidos) pode resultar tan adorable?
Cada personaxe ten o seu encanto especial, cada momento da historia faite
rir con este humor atípico.
O único que lamento é que facendo tan bo equipo, Pololo e Adela non
puideran ter nada xuntos.
Gustaríame ver esta obra de teatro enriba das táboas.
Sen comentarios
Publicar un comentario