Comentario de Rocío Fernández Cuíña
A man dos paíños
Manuel Rivas
Xerais
É certo que non foi un dos libros máis sinxelos de ler xa
que nalgún momento foime preciso reler a mesma folla outra vez, e os cambios
de tema ou as introducións dunha escena noutra facían que á hora da lectura
pois non fora simple pero non por iso me deixou de gustar. Costoume un pouco
coller o fío da historia ó principio pero unha vez comprendido pareceume
interesante. É un libro que trata temas moi de aquí, moi nosos, como son a
emigración ás Américas, os homes que se escondían para non teren que ir á
Guerra, o condicionamento polas ideas de cadaquén, os naufraxios, o mar...
O que me gustou tamén foi a tatuaxe dos paíños e o significado que ten, tanto o que lle dixo á
nai de que nalgún sitio tiñan que pousar como a identificación que se lle da coa
perda da irmá, de como se lle foi da man. Houbese escollido outra opción para o
final de Castro, pero probablemente se non fose este non se coñecería a
historia da tatuaxe nin tan sequera del mesmo xa que ás veces a quen máis cres coñecer
resulta que no fondo é un completo descoñecido porque o certo é que ninguén
sabe máis de ti que o que deixas ver.
Non é un dos meus libros preferidos pero si que me gustou
e me parece recomendable, ten detalles dos que se pode dicir que lle dan algo
especial á simboloxía do libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario