Comentario de Isidro Gil Pallares
Vinte en escena
Rosalía Fernández Rial
Positivas
Vinte
en escena de Rosalía Fernández Rial é un libro co cal percorrerás por
lugares, persoas e obxectos, da man da poesía. Lendo poesía do que nunca
te imaxinarias que a habías de ler xa que non se acostuma a escribir
destes temas. Dende arrancarlle dos beizos poesía a un drogadito, ata
confesar o que pensa de seu unha prostituta ou un acordeón dun músico
ambulante.
Para
min en xeral a poesía non é do meu agrado, e este libro non incumpriu a
regra. Pero dentro do que tal, podería destacar dous poemas:
Escena I: (esquecemento)
Nunca
ninguén
nos agarda.
Xamais preguntaron por nós.
…
Escena XI: (chute)
Veño de cambiar o meu nome
por heroína.
Heroína que nunca se rende.
O cabalo co que loito
cabe na arteria dunha agulla..
…
Sen comentarios
Publicar un comentario