ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/01/14

Que me queres,amor?


Comentario de Leticia Couto


Que me queres,amor?
Manuel Rivas
Galaxia





Non foi un dos mellores libros que lin pero tampouco foi dos peores. Non me chamou demasiado a atención, senón que máis ben me resultou un tanto aburrido. A maneira de redactar de Manuel Rivas engaioloume por completo, xa que escribe dunha maneira tan clara que mesmo podes transportarte ao lugar dos feitos e sentirte na pel dos propios personaxes e iso é realmente incrible.
Das 183 páxinas que ten o libro, eu quedeime coa frase: "Hai moitas cousas que parecen mentira e son verdade." porque logrou facerme pensar e segundo ía lendo, o libro xiraba en torno a iso. A verdade é que son relatos duros nos que se deixa ver a dor e a soidade pero tamén se manifesta a tenrura. O relato que máis me conmoveu quizais fose o de "A lingua das bolboretas", a amizade que nace entre un profesor anarquista e un alumno e que é completamente destrozada por culpa da sociedade.
É un bo libro para reflexionar sobre infinidade de cousas que tal vez nunca antes nos plantexaramos.
 

Sen comentarios