ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/01/14

A casa deshabitada da familia Pena

Comentario de Rocío Fernández Cuíña


A casa deshabitada da familia Pena
Raúl Gómez Pato
Positivas





Este libro de poesía de Raúl Gómez Pato por dicilo dalgunha maneira vai recompilando os distintos versos dos membros da familia Pena onde tratan distintos temas como son a marcha ó estranxeiro, que neste caso foi á Habana, cando moita xente se ve obrigada á emigración e a soidade que senten estando alí. Outros temas que tratan é as saudades que teñen deles os que aquí quedan, a morte e o suicidio.
Os que máis me gustaron quizais sexan o primeiro que se atopa no prólogo e os de Paula Quintana Boedo e Aquilina Piñeiro Riola.
Este libro en especial non me gustou tanto pero si a forma na que se compoñen algúns dos versos.

Sen comentarios