ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/01/14

Os libros arden mal

Comentario de Cristina Cabaleiro




Os libros arden mal     
Manuel Rivas
Xerais

O libro conta a historia dun grupo de personaxes que dende 1881 ata os nosos días viven unha chea de sucesos, entre os que destaca a Guerra Civil, e como estes lles afectan tanto a eles como aos seus descendentes.
Cando vin por vez primeira o libro pareceume que non me ía gustar moito, xa que aparentaba bastante extenso e complicado de ler, pero pódese dicir que a miña primeira impresión non foi de todo acertada. É certo que algúns momentos ao mellor me gustaron máis que outros, pero a verdade é que se trata duns deses libros que precisan tempo para saber aprecialos.
Persoalmente gustoume, aínda que me resultou algo complicado de ler debido á súa extensión, pero iso non me impediu disfrutar das marabillosas descricións da época, como por exemplo a das traballadoras que de madrugada entraban na noite iluminando os camiños, ou a descrición das froitas no capítulo do “Enterrador”. En fin, este libro contén todos os ingredientes para ser unha das maiores obras da nosa literatura.
Recoméndolle esta novela a todas as persoas que dispoñan de tempo para disfrutar deste manxar da literatura, e como non, a todos os que queiran saborear e disfrutar todos os momentos máxicos que nela se gardan.

Sen comentarios