ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/01/14

Verba quae supersunt

Comentario de Rocío Fernández Cuíña


Verba quae supersunt
Raúl Gómez Pato
Positivas




 Non sei que opinar a verdade, o certo é que me gustan os poemas pero non os temas que tratan, creo que se tratasen de temas non sei cales dicir en específico pero que me gustaría máis polo tanto procurarei noutros libros a ver se así. De todas maneiras os que máis me gustaron foron “Pluvia, ventus, nevisque” pero sen dúbida os versos do poema de “Multas legas facito”:

“Deberás ler moito
  Do que inventa o poeta
  (E esquecelo todo).“

Quizais porque moitas veces sexa iso o que precisamos, deixarnos introducir na lectura de cheo, e unha vez que rematas podes e resúltache máis sinxelo ver as cousas dende outro punto de vista que por ti mesmo non dabas pero que agora es capaz de ver máis alá e coa mesma chegar a axudarche a arranxar, ou colaborar a facelo, algún problema. Non hai mal día que un bo libro non poida remediar, porque incluso cando cres que non sempre hai alguén que te entende aínda que sexa un completo descoñecido. E por que non un escritor?

Sen comentarios