ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/01/14

Os comedores de patacas

Comentario de Isidro Gil Pallares


Os comedores de patacas
Manuel Rivas
Xerais


Este libro adéntranos no mundo dunha familia que sofre porque un dos seus compoñentes, Samuel, garda relación co “algo”, xa que está metido nesa “merda”. Polo cal a súa nai decide envialo á súa aldea natal e pedirlle a Nico, o seu irmán maior e policía, que o axude a quitarse diso.
Neste tempo no que se  atopan Nico, Samu e a avoa en Aita, suceden cantidade de cousas, momentos bos e malos entre irmáns e, sobre todo, Samu cóntanos unha morea de recordos bos que lle aconteceron en Aita. 
O escritor, aproveitando o ambiente das drogas no que se atopa o relato, decide usar unha linguaxe vulgar, cotiá, típica deste ambiente, o cal é moi acertado. Tamén introduce unha escena de tipo erótico, liortas entre irmáns, redadas policiais... algo que vexo como un aspecto esencial para introducirnos mellor e máis de cheo no relato.
O que mais me chamou a atención  foron a chea de personaxes estraños que se atopan nela: Don, Tip e Top, Corneilo...
Libro recomendable, fácil de ler xa que é enganchadizo.

Sen comentarios