ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/01/14

Flanagan de luxe

Comentario de Martina Domínguez


Flanagan de luxe
Andreu Martin, Jaume Ribera
Xerais




Comezo a crítica deste libro dicindo o claro que teño que vou ler o resto da colección. 
Eu xa lera O diario vermello de Flanagan e gustárame, pero este máis aínda. Libro recomendable polo ameno e divertido que é.
En "Flanagan de luxe" móstrase unha realidade da etapa da adolescencia, comezando por como ensinar en que se pode chegar a convertir un adolescente. Por exemplo, o que se fai chamar Errea que enganou a Flanagan ata facelo crer que morrera para gastarlle unha broma e despois enganou a familia cun falso secuestro para gañar cartos. Como se pode facer iso e xogar así cos sentimentos dos teus propios pais e amigos? Na miña opinión, para que alguén chegue a ese punto tivo que ter unha infancia terrible. El supostamente estaba a sombra do irmán e o pai non lle facía caso. Así que isto invítanos tamén a reflexionar sobre os pais de hoxe en día e os seus erros. No libro tamén se fala sobre os adultos e situacións actuais deles como cando Flanagan e a súa irmá preparan unha treta para que seus pais non se dean conta de que este comerá fóra e o seu plan é dicirlle á nai que comeu co pai no bar que teñen e ao pai que comeu coa nai na casa. Pero canta comunicación hai nesa familia? E que exemplo lles dá iso ós fillos? Ou o mesmo pai de Errea que lle permite gastar os cartos, non lle pon límite ningún e non lle presta a mínima atención esixíndolle unicamente que non faga escándalos. Como se pode estar máis pendente da opinión social ca do teu propio fillo?
Tardei un só día en ler esta obra porque dende o principio me enganchou o misterio. Ademais rin moito con Flanagan que é un rapaz estupendo co que me identifico en moitas opinións e formas de ser. El é espabilado de todo e ben se ve cando ao final lle devolve a broma aos que o enganaran e cando resolve o misterio. Outro pro do libro son as situacións tan reais e cotiás que narra, cos amigos, as rapazas, a familia...
En resumo, quedei encantada co libro e doulle a noraboa aos autores polo magnífico traballo!

Sen comentarios