ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/01/14

Servicio de urxencias

Comentario de Eugenia Gil Pallares


Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais








Este libro, a pesar de ser teatral, gustoume máis porque me resultou máis doado de ler. Escribiuse para facer unha serie por encarga de TVG. É moi divertido e entretido, e se puidera gustaríame ver a serie. Posiblemente o personaxe que máis me gustou foi Paulino, aínda que Cipri tamén tiña ous seu momentos de gloria. A parte que máis me gustou foi, sen dúbida, cando Manolo, o mozo de Encarna, se namora dunha vaca. Outra das partes que tamén me gustou moito foi ao principio cando Encarna lle di a un paciente que son todos moi pacíficos, e nese intre escóitase a Chus berrar e maldicir ao seu mozo. Para min ten un 8. 
Recomendo lelo porque fai pasar un bo anaco de tempo e engánchache á lectura del.

Sen comentarios