ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/01/14

Un nome de dicionario

Comentario de Lucía García Rodríguez


Un nome de dicionario
Amélie Nothomb
Galaxia



Escollín este libro porque a portada me chamaba a atención. Esa imaxe fixo que me interesase pola historia que contiña o libro. Presentía que me ía gustar.
Conta a historia de Plectrude, unha rapaza orfa que quere ser bailarina. Non o consegue, e iso lévaa a problemas familiares. Pensa en suicidarse pero o amor da súa infancia impídello.
Un asasinato e un suicidio fan que o libro sexa continuamente interesante. Unha das cousas que máis me chamou a atención da historia foi a actitude da nai adoptiva, xa que prefería que a rapaza fose bailarina antes ca que se encontrase ben de saúde. Iso fai ver para min, unha vez máis, que non hai mellor amor có dunha nai biolóxica.
Trata temas reais como a anorexia ou o suicidio. E destaca a importancia das amizades.
Tal como imaxinaba gustoume.

Sen comentarios