ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/01/14

Nove

Comentario de Denise Varela


Nove
María Lado
Fervenza




O primeiro  que me chamou a atención deste libro foi a súa sorprendente e estraña portada. A simple vista, a verdade, é que non pensei que se trataba dun libro de poemas, senón dun libro xuvenil de temática fantástica ou algo polo estilo,  e non era algo que me convencese a lelo.
Nove  é un conxunto de poemas escritos por María Lado.  Notei que este libro trataba moito sobre a dor e a pena. Ó falar sempre usaba o mar, a costa, ou temas parecidos como base ou comparando con calquera cousa.
Este libro non me marcou moito a verdade, pero teño que dicir que a maneira de comezar deixoume exhausta e foi o que máis me gustou deste libro:

“Gústanme o número nove, como tamén me gustan os atardeceres de
venres da costa , as pistolas do trinque e as miradas que falan máis cás
palabras.
(...)
Gústame novembro. Gústame este mes de novembro que tes agora nas
túas mans. Aprétao forte e ignórao e devolverache o golpe, seguro.
Apréciao e descubrirache a sensación que rexe nesa rexión mínima que
é novembro. Comprenderás… (…)”

Sen comentarios