
Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
Todo ben,
ou tudo bem como din no libro,
custoume moito lelo, pois eu nunca fun unha gran seguidora e forofa do fútbol.
Ao ser este tema moi relevante no libro fixo que me distraera e que non tivese
moita concentración nel.
Hai que destacar que está moi ben escrito e cunha
forma de epresarse non moi “narrativa”, senón que dun xeito máis poética
xogando coa linguaxe. A última parte do libro resultoume confusa, pero pouco a
pouco vanse resolvendo todos os problemas e todas a seccións confusas cobran
sentido. Sorprendeume moito a conversa final no cárcere entre Marcos Andrade e
Darío. Póñolle un 7.
1 comentario:
Non me gustou moito o final porque só falaba do fútbol e o que pensaba sobre el e tampouco entendín por que as ilustracións que María Rivas creou non llas puxeron á historia.
Publicar un comentario